Xogos

Xogos desenvolvidos por Raiceiros

A seguir achegamos unha relación de xogos desenvolvidos por Raiceiros desde 2001, e remitindo no seu caso ás páxinas específicas nas que se pode atopar información de cada un.

 

De ponte en ponte arredor do Ulla (2013)

Xogo que combina un taboleiro e 200 tarxetas con preguntas e respostas sobre o río Ulla e a cultura galega.

Detalle da portada do xogo 'De ponte en ponte arredor do Ulla'. Deseño: Isa Albela (bohgalicia.com)

Detalle da portada do xogo ‘De ponte en ponte arredor do Ulla’. Deseño: Isa Albela (bohgalicia.com)

 

Xogos sobre instrumentos musicais tradicionais  (2001)

Dentro do proxecto de estudo e difusión da requinta da Ulla elaboráronse varios taboleiros de múltiples pezas en formato crebacabezas, para compoñer debuxos de distintos instrumentos musicais tradicionais galegos.

Crebacabezas coa figura dunha requinta da Ulla. Foto: Henrique Neira

Crebacabezas coa figura dunha requinta da Ulla. Foto: Henrique Neira