Vídeos realizados por Raiceiros
A seguir achegamos unha relación de vídeos desenvolvidos por Raiceiros desde 2001, remitindo no seu caso ás páxinas específicas nas que se pode atopar información de cada un.
Ulla Naturalmente (2019)
- Montaxe animada de imaxes da andaina fotográfica pola ribeira do río Ulla o 28 de decembro de 2019, unha das realizadas dentro deste proxecto.
- Vídeo dos roteiros didácticos co alumnado do CPI de Vedra e do CEIP Ortigueira.
#máismenosUlla (2019)
Os seis vídeos gravados por Raiceiros no marco do proxecto #máismenosUlla xa poden verse na canle de Raiceiros en Youtube. Titúlanse:
- ‘Horta‘
- ‘Abandono‘
- ‘Voaduras‘
- ‘Camiño de Santiago‘
- ‘Pesca‘
- ‘Flora e fauna‘
Ballesteros. O fotógrafo (2016)
Homenaxe ó fotógrafo de Luis Ballesteros Martínez (San Pedro de Vilanova, Vedra, 1916), coincidindo co seu cen aniversario.
- Audiovisual ‘Ballesteros. O fotógrafo’
- Baixada do Pico
- Así era, así é
As pontes do río Ulla (2013)
Percorrido polo río Ulla a través de 71 pontes, pontellas, pasos e pontes en ruínas.
- Audiovisual ‘As pontes do río Ulla’
Cántigas da Ulla (2010)
Recollida de coplas e cancións do Val do Ulla.
- Audiovisual ‘Cántigas da Ulla’.
Gundián. Achegamento a unha paisaxe natural e humana (2008)
Achegamento á construción do viaduto ferroviario do Gundián (Vedra-A Estrada) rematado en 1958, e á cultura da contorna.
- Audiovisual ‘Gundián. Achegamento a unha paisaxe natural e humana’.
A requinta da Ulla (2001)
Estudo e recuperación da frauta traveseira coñecida como ‘requinta da Ulla’.
- Documental ‘Requinteiros. Músicos da Ulla’.