Sobre Raiceiros

A Asociación Raiceiros foi creada no 2001 e ten a súa sede na Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón (Vedra). Pode contactar connosco escribíndonos un correo a raiceiros @ yahoo.es

Somos unha asociación sociocultural e prestadora de servicios á mocidade, constituída en outubro de 2001. Realizámo-la nosa actividade no territorio da Comunidade Autónoma Galega, con especial incidencia na comarca natural da Ulla.

Compoñemos Raiceiros un grupo de mozos e mozas que nos xuntamos para facer cousas en común, aproveitando o noso tempo libre para compartir experiencias, aprender cousas novas, coñecer outras realidades ademais da nosa, divertirnos… nun clima de igualdade, integración e solidariedade.

Entre os nosos obxectivos adquire principal relevancia a recuperación e difusión do patrimonio cultural, a través de calquera tipo de actuación encamiñada á promoción da cultura en tódolos seus aspectos e manifestacións, e fomentando a participación activa das persoas no desenvolvemento social e cultural da comarca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s