Mostra Activa de Fotografía

No 2002, Raiceiros organizou unha exposición de fotografías con imaxes de Xesús Mougán Castelao (Santa Cruz de Ribadulla, Vedra). Esta ‘Mostra activa de fotografía’ estivo na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla e incluíu varias ducias de fotos relacionadas coa música e a cultura. O obxectivo foi que as persoas que a visitaran axudaran a identificar as persoas retratadas. Algunhas destas imaxes empregáronse despois na guía ‘O Val do Ulla. Unha comarca natural’. Outras fotografías de Xesús Mougán foron utilizadas no libro e na exposición ‘Gundián. Un achegamento a unha paisaxe natural e humana’.

 

Exposición sobre Xesús Mougán Castelao