No ano 2008 Raiceiros desenvolve o proxecto ‘Gundián. Un achegamento a unha paisaxe natural e humana’ e estrea a exposición do mesmo título, así como unha peza audiovisual para dar a coñecer a historia da construción do viaduto ferroviario de 1958 sobre o río Ulla, entre os concellos de Vedra e A Estrada.
O viaduto do Gundián sobre o río Ulla, na liña de ferrocarril Zamora-A Coruña, foi inaugurado o 8 de setembro de 1958. Hoxe en día a paisaxe cambiou totalmente xa que se edificou na súa proximidade o viaduto para a liña ferroviaria de alta velocidade entre Ourense e Santiago.
Velaquí o índice do libro publicado neste proxecto: