
Portada do libro ‘As pontes do río Ulla’. A foto da portada é de Manuel García Torre
O 15 de febreiro de 2014, Raiceiros presentou os resultados do seu proxecto ‘As pontes do río Ulla’, que inclúen un libro, unha exposición e unha peza audiovisual sobre as 71 pontes, pontellas, pasos e pontes en ruínas que se localizan en todo o curso do río Ulla, desde A Ulloa ata O Ullán.
Velaquí o índice do libro realizado neste proxecto:
As_pontes_do_rio_Ulla_2013_indice
O presidente de Raiceiros, Héctor Rodríguez (esquerda), o alcalde de Vedra, Carlos Martínez e Henrique Neira, na presentación dos resultados do proxecto, o 15 de febreiro de 2014, xornada na que por certo acababa de pasar por Galicia unha forte borrasca chamada ‘Ulla’.
Escoite a entrevista sobre o libro realizada por José Miguel Giráldez a Héctor Rodríguez e Henrique Neira en Radio Obradoiro.
Piraguas a piques de ser botadas no río Ulla para ir da Ponte Ledesma (Boqueixón) a Agronovo (Vedra) o 20 de xullo de 2013. Foto: H. Neira
A nosa idea, ademais de mostrar estas pontes, é dar a coñecer actividades que se desenvolven arredor delas, coma rutas de piragüismo, festas e romarías ou rutas de sendeirismo.
Parte das persoas que participaron na ruta de sendeirismo de San Xoán da Cova o 4 de agosto de 2013. Foto: H. Neira