Proxectos desenvolvidos por Raiceiros
A seguir achegamos unha relación de proxectos desenvolvidos por Raiceiros desde 2001, indicando os produtos que se obtiveron a partir de cada un deles, e remitindo no seu caso ás páxinas específicas nas que se pode atopar información de cada un.
Ulla naturalmente (2019)
Caderno de actividades ‘Ulla naturalmente’, dirixido a alumnado de Primaria dos concellos ribeiráns do río Ulla, e acompañado por unha caixa de lapis de cores.
Ballesteros. O fotógrafo (2016)
Homenaxe ó fotógrafo de Luis Ballesteros Martínez (San Pedro de Vilanova, Vedra, 1916), coincidindo co seu cen aniversario.
- Libro ‘Ballesteros. O fotógrafo’
- Exposicións: en sala e ó aire libre
- Obradoiros de fotografía
- Audiovisual ‘Ballesteros. O fotógrafo’
As pontes do río Ulla (2013)
Percorrido polo río Ulla a través de 71 pontes, pontellas, pasos e pontes en ruínas.

Portada do libro ‘As pontes do río Ulla’. A foto da portada é de Manuel García Torre
- Libro ‘As pontes do río Ulla’
- Exposición
- Xogo ‘De ponte en ponte polo río Ulla’
- Audiovisual
Cántigas da Ulla (2010)
Recollida de coplas no Val do Ulla, 50 das cales foron publicadas acompañadas por ilustracións.
- Libro ‘Cántigas da Ulla’
- Libro ‘Coplas ulláns’
- Exposición
- Audiovisual
- Obradoiros de recollida de coplas no Val do Ulla e en Cuba

Inauguración da exposición do proxecto ‘Cántigas da Ulla’ na estación de tren de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) en 2010. Foto: Henrique Neira
Gundián. Achegamento a unha paisaxe natural e humana (2008)
Achegamento á construción do viaduto ferroviario do Gundián (Vedra-A Estrada) rematado en 1958, e á cultura da contorna.
- Libro ‘Gundián. Achegamento a unha paisaxe natural e humana’
- Exposición
- Audiovisual
O Val do Ulla (2007)
Publicación sobre a comarca natural do Val do Ulla, que inclúe parte dos concellos da Estrada, Boqueixón, Teo e Vedra e mais algunhas das parroquias limítrofes dos concellos de Padrón, Touro, Vila de Cruces e Silleda.
- Libro ‘O Val do Ulla. Unha comarca natural’
Mostra activa de fotografía (2002)
Exposición de fotografía de Xesús Mougán Castelao (Santa Cruz de Ribadulla, Vedra).
- Exposición ‘Mostra activa de fotografía’
A requinta da Ulla (2001)
Estudo e recuperación da frauta traveseira coñecida como ‘requinta da Ulla’.
- Folleto ‘A requinta da Ulla’
- Folleto ‘Descrición dunha requinta’
- Documental ‘Requinteiros. Músicos da Ulla’
- Exposición de instrumentos musicais tradicionais
- Xogos sobre instrumentos musicais tradicionais
- Obradoiros e concertos en distintos puntos de Galicia, así como noutras localidades españolas e en Bos Aires (Arxentina)
Proxectos nos que participou Raiceiros
Espazo Activo da Ulla (2010-actualidade)
- Raiceiros colabora cada ano desenvolvendo actividades en cada edición e achegando as súas exposicións a este encontro en San Miguel de Sarandón (Vedra), que nos últimos anos se complementou coa xornada Pasabodeghas, destinada a promocionar o viño e a música tradicional da Ulla.
Exaltación do Viño da Ulla (2005-actualidade)
- Raiceiros colabora cada ano coa elaboración dun artigo para a publicación que se edita en cada edición e achegando as súas exposicións a esta festa en San Miguel de Sarandón (Vedra)
Curtea Comediantilor (2005-2007-2008-2009)
- Representacións teatrais e musicais no festival Corte dos Comediantes en Râșnov (Romanía).
Semana da Educación Crítica na USC (2003-2004)
- Presentación dunha comunicación neste encontro celebrado na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).