Publicacións de Raiceiros
A seguir achegamos a listaxe de libros e folletos realizados por Raiceiros, e remitindo no seu caso ás páxinas específicas nas que se pode atopar información de cada un.
Roga. Caderno de campo para repensar a túa asociación (2021)
Caderno deseñado para axudar as asociacións a descubrir as súas potencialidades e definir os seus obxectivos.
Este caderno pode descargase desde aquí
Ulla oralmente (2021)
Caderno de actividades ‘Ulla oralmente’, dirixido a alumnado de Primaria dos concellos ribeiráns do río Ulla, e acompañado por unha caixa de lapis de cores.
Este caderno pode descargase desde aquí
Ulla naturalmente (2019)
Caderno de actividades ‘Ulla naturalmente’, dirixido a alumnado de Primaria dos concellos ribeiráns do río Ulla, e acompañado por unha caixa de lapis de cores.
Portada do caderno ‘Ulla naturalmente’
Este caderno pode descargase desde aquí:
2019_Raiceiros_org_Caderno_Ulla_Naturalmente_web
Ballesteros. O fotógrafo (2016)
Homenaxe ó fotógrafo de Luis Ballesteros Martínez (San Pedro de Vilanova, Vedra, 1916), coincidindo co seu cen aniversario.
- Libro ‘Ballesteros. O fotógrafo’
Portada do volume ‘Ballesteros. O fotógrafo’
As pontes do río Ulla (2013)
Percorrido polo río Ulla a través de 71 pontes, pontellas, pasos e pontes en ruínas.
- Libro ‘As pontes do río Ulla’

Portada do libro ‘As pontes do río Ulla’. A foto da portada é de Manuel García Torre
Velaquí o índice deste libro:
As_pontes_do_rio_Ulla_2013_indice
Cántigas da Ulla (2010)
Recollida de coplas no Val do Ulla, 50 das cales foron publicadas acompañadas por ilustracións.
- Libro ‘Cántigas da Ulla’
- Libro ‘Coplas ulláns’
Portada do volume ‘Cántigas da Ulla’
Portada do libro ‘Coplas ulláns’
Velaquí unha das composicións recollidas:
Eu da Ulla ausenteime,
a moi lonxe fun vivir.
Sin os airiños da Ulla,
eu non sei cantar,
eu non sei vivir.
Eu non sei cantar,
eu non sei vivir,
pasei o río chorando
e suspirando, amor, por ti.
Gundián. Achegamento a unha paisaxe natural e humana (2008)
Achegamento á construción do viaduto ferroviario do Gundián (Vedra-A Estrada) rematado en 1958, e á cultura da contorna.
- Libro ‘Gundián. Achegamento a unha paisaxe natural e humana’
Portada do libro ‘Gundián. Achegamento a unha paisaxe natural e humana’
Velaquí o índice deste libro:
O Val do Ulla (2007)
Publicación sobre a comarca natural do Val do Ulla, que inclúe parte dos concellos da Estrada, Boqueixón, Teo e Vedra e mais algunhas das parroquias limítrofes dos concellos de Padrón, Touro, Vila de Cruces e Silleda.
- Libro ‘O Val do Ulla. Unha comarca natural’
Velaquí o índice dos temas que se tratan neste libro:
A requinta da Ulla (2001)
Estudo e recuperación da frauta traveseira coñecida como ‘requinta da Ulla’.
- Folleto ‘A requinta da Ulla’
- Folleto ‘Descrición dunha requinta’
Onde atopar os libros
Existen exemplares dos libros editados por Raiceiros en varias bibliotecas. Ademais pódense pedir nas seguintes librerías:
A Estrada: Marxe Libraría
Boqueixón: Lino (Lestedo)
Melide: Parrado
Santa Comba: Ler
Santiago: Couceiro, Follas Novas, Gallaecia Liber, Pedreira
Vedra: Avenida Nesta librería pódense mercar a través de Internet